lunes, 14 de febrero de 2011

A febre das terras

O texto ven a falar de como países cun maior poder económico, ou máis ben, empresas deses países, están alugando ou mercando terras de cultivo en países con pouco poder económico. É o caso de países coma China, EAU ou Corea, que colonizan terras de Madagascar, Filipinas ou Brasil.
Esta situación mirandoa dun xeito superficial podería facer crer que poderían crear traballo nos paises colonizados, pero ca crecente mecanización da agricultura así coma o crecente aumento dos sistemas de cultivo intensivo fan que isto non sexa asi. Os países colonizados o único que fan é perder terreo cultivable e deste modo non poder abastecer a numerosa poboación que non é absorbida polo traballo desas terras. Outro tema que se trata e se os países colonizadores buscan unha seguridade alimentaria( cousa que no caso de China ou EUA pode ser así) ou mera especulación, como pode ser o caso dos finlandeses ca plantación de eucaluptos en Brasil. Estas colonizacións vense a veces favorecidas polos polítocos locais, case sempre con intereses propios e alonxados dos do pobo. En certos casos estanse dando revoltas e portestas, pero parecen ser insufucientes.

2 comentarios:

  1. que cabróns os fineses cos eucaluptos hahaha

    ResponderEliminar
  2. Es lo que pasa con la gente que solo busca enriquecerse sea cual sea el precio... no deberíamos cambiar eso?

    ResponderEliminar